Entradas

A supercomputación na túa vida

 O pasado venres, 24 de setembro os cursos de 4º e 6º de Educación Primaria gozaron dunha charla sobre "A Supercomputación na túa vida ". A exposición, foi en rede e estaba organizada polo CESGA   (Centro de Supercomputación de Galicia) no marco da  “ G-NIGHT ” (Noite Galega das Persoas Investigadoras) Tratábase dunha actividade deseñada  para que o alumnado aprenda que é e como fan uso da Intelixencia Artificial e do Big Data nas súas vidas.  As nosas alumnas e alumnos puideron coñecer de primeira man os seguintes contidos:  Que é un supercomputador Como é o supercomputador FinisTerrae instalado no Centro de Supercomputación de Galicia Que é a Intelixencia Artificial e o Big Data e usos destas tecnoloxías no día a día.