A supercomputación na túa vida

 O pasado venres, 24 de setembro os cursos de 4º e 6º de Educación Primaria gozaron dunha charla sobre "A Supercomputación na túa vida".

A exposición, foi en rede e estaba organizada polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) no marco da  “G-NIGHT” (Noite Galega das Persoas Investigadoras)


Tratábase dunha actividade deseñada  para que o alumnado aprenda que é e como fan uso da Intelixencia Artificial e do Big Data nas súas vidas. 

As nosas alumnas e alumnos puideron coñecer de primeira man os seguintes contidos: 

  • Que é un supercomputador
  • Como é o supercomputador FinisTerrae instalado no Centro de Supercomputación de Galicia
  • Que é a Intelixencia Artificial e o Big Data e usos destas tecnoloxías no día a día.


Comentarios